Esperando peregrinar a Santiago de Compostela

Carta pastoral despois da convocatoria para o Ano Santo Compostelán 2021

 

Queridos peregrinos:

1. Ao convocarvos a participar no Ano Santo de 2021 facíao nunha situación moi diferente á actual, trala Covid-19. Son consciente que ao ofrecervos esta reflexión, unha parte considerable da poboación mundial atópase afectada, dun modo ou outro, pola pandemia provocada polo coronavirus, que se converteu nunha palabra indesexada, invitada cotiá en todas as casas.

2. Moitos dos que viredes ata Santiago talvez perderiades a persoas moi queridas. Camiñaredes con bágoas nos ollos, pero os vosos pasos non vacilarán porque están firmes en quen vos asegura “Eu son a Vida” (Xn 14, 7). O Apóstolo Santiago, testemuña da humanidade doente e resucitada de Xesús estavos esperando neste Ano Santo para abrazar a vosa dor e para deixarse abrazar por vós.

3. Estou convencido de que, por este motivo, a convocatoria de fe terá resonancias moi vivas de esperanza nunha peregrinación que leva o selo de internacional. 

 

Con estas palabras, D. Julián comeza a escribir no contexto da Covid-19. A carta pastoral publicouse, como en anos anteriores, en seis idiomas: castelán, galego, inglés, francés, alemán e italiano.

PVP: 2,00€

Podes facer o teu pedido por teléfono ou por correo electrónico:
Teléfono: 981 562 789
Correo electrónico: egeria@libreriaegeria.com
ou VEN A VISITARNOS!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *